ANPE pon en valor o esforzo, a entrega e a vocación dos docentes


01 Mai, 2024

WEB - ANPE pon en valor o esforzo, a entrega e a vocación do persoal docente no desempeño do seu labor.

O 1 de maio é unha data de referencia internacional para as traballadoras e os traballadores. Neste día conmemórase ,en boa parte dos países do mundo, a loita histórica polos dereitos laborais, en recordo das mobilizacións pola consecución da xornada de 8 horas.

Dende ANPE, como sindicato maioritario do ensino público, demandamos mellores condicións sociolaborais, o desenvolvemento da profesión docente e o establecemento dunha carreira profesional.

Como parte fundamental da forza de traballo nun Estado democrático, as e os docentes do ensino público sumámonos ás celebracións deste día defendendo os nosos dereitos e reclamando a mellora das nosas condicións laborais.

A importancia do labor que desempeñamos na formación das novas xeracións esixe das diferentes administracións que se nos brinden condicións axeitadas de traballo e que se nos recoñeza o valor que achegamos á sociedade.

Neste Día dos Traballadores, reclamamos que se aborden, dunha vez, as necesarias melloras da profesión docente.

ANPE propón actuacións nunha dobre vertente; por unha banda, unha Lei que regule a profesión docente e doutra banda un Estatuto que regule desde o ingreso e acceso á función pública docente ata a xubilación.

Un elemento crave e imprescindible é o desenvolvemento lexislativo da carreira profesional docente, tal como establécese na propia lei educativa, priorizando a integración de todo o profesorado no grupo A1 e a actualización dos complementos de nivel dos corpos docentes partindo do nivel 24.

Na última convocatoria da Mesa de Negociación do Ministerio, solicitamos a reactivación das negociacións e a súa continuidade a través dun calendario de negociación que permita abordar as numerosas cuestións que afectan e preocupan ao colectivo docente e aos centros educativos.

O profesorado afronta numerosos desafíos na súa tarefa, desde a escaseza de recursos e o exceso de burocracia ata a perda de poder adquisitivo e a falta de recoñecemento social.

Desde ANPE queremos reivindicar e poñer en valor o esforzo, a entrega e a vocación coa que o persoal docente desempeña o seu labor a pesar destas dificultades.