17 de maio Día das Letras Galegas - Luisa Villalta


16 Mai, 2024

WEB - Día das Letras Galegas - Luisa Villalta. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90"

Isto é poesia, un ruido provocado.
Non ornamento, arabesco para as pontas dos dedos: inecesários encaixes para a alma dormir ou sentir
a levedeza da onda cando apenas chega a romper. Provocación de boca con fame, isto.
E a fame adormece
ou reclama.
Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel
do mundo: un tambor que desperta. A pel estremece-se porque recoñece a morte que baila fóra da tumba.
Isto é tamén unha muller que resiste

(En concreto, 2004)